xoves, 14 de maio de 2020

VII FESTA DAS PALABRAS


Parabéns ás gañadoras e gañadores e moitas grazas a  todos os que participastes  que fostes moitos e  escribistes uns poemas e relatos moi  bonitos o que fixo a escolla ben difícil.  

Textos gañadores do noso centro no concurso de microrrelatos e micropoemas  2020.

Nas categorías A1 (1º ciclo) A2 ( 2º ciclo) e A3 (3º ciclo).

Serán publicados no libro  “VII Festa das Palabras”





"CABELO"
LARA CAMIÑO MAGARIÑOS
6º A INFANTIL



"AMIGO"
ALEJANDRO GARCÍA MÍGUEZ
6º B INFANTIL
                 




















POEMAS
                                                
                                                                     A1                                                                                       
Hoxe é un día xenial,
                                                         estar na praia mola.                                                          Abrazada ao cabelo do sol
escoito bater as olas,
coa música alegre
da xente boa.

Valeria Esmorís  García  2º curso.

A2

A miña nai.

O teu cabelo
 na miña cara,
o teu sorriso,
unha mirada
e un bico.

Xabier Fernández Luna  4ºcurso

A3

O Cabelo de ouro

O teu sorriso,
os teus xogos,
a túa alegría
e soños.
Cabelo liso,
cabelo louro,
cabelo longo
 e de ouro.

Paula Piñeiro Lueiro 6ºcurso


RELATOS

A1

Carla, unha nena moi simpática, pediulle aos seus pais uns peixes porque acababa de cambiar de colexio e non tiña ningún amigo. Foron a compralos e Carla meteunos na peixeira e xogou con eles todo o día, e deulles de comer. No cole, Carla coñeceu a unha nena que se chamaba Lidia e fixéronse moi amigas. Un día Carla deuse conta de que os peixes estaban tristes e convidou a Lidia a xogar con ela e cos peixes.
Recorda que todos os amigos son importantes.

Lara Matalobos Soutelo 2º curso.


A2

Lúa

Lúa vivía nunha casa laranxa coa súa familia. Un día foron de picnic ao parque natural. Sentaron onda unha árbore grande. Ao pouco apareceu Alex. Non tardou en facerse amigo seu.
Xogaban no bosque cando se deron conta de que se perderan. Non sabían volver e de súpeto un paxaro cantareiro díxolles como saír de alí: - C teu nariz Lúa e coas túas orellas Alex.
Entón Lúa empezou a ulir e Alex a escoitar. Ulía aos papás, á merenda, e oíanse  os nenos correndo detrás da pelota.
Entón a cadeliña Lúa e o gato Alex atoparon á familia.

Elba Castro Verde 3ºcurso.

A3

O que lembro

Lembro que o mar ulía a salitre e a alegría.
Lémbrome da auga, da area e do sol do verán.
Lémbrome dos bocadillos de chourizo ao carón do mar.
Lembro que nadamos, corremos, sorrimos, merendamos e xogamos.
Lémbrome do chío das gaivotas e dos parasoles de cores.
Lémbrome do solpor na praia do Cabodeiro.
Lembro que o meu amigo me pareceu un tesouro.
Lembro que ti e máis eu pescamos un cangrexo rebuldeiro.
Lembro que quería que aquel tempo nunca se acabara.

Manuel García  Madriñán 6ºcurso.

Ningún comentario:

Publicar un comentario